"A crítica non arranca das cadeas as frores imaxinarias para que o home soporte as sombrías e escuetas cadeas, senón para que se as sacuda e poidan brotar as frores vivas".

Karl Marx: "Crítica da Filosofia do Dereito de Hegel"

lunes, 10 de mayo de 2010

O alumnado de Educación para a Cidadanía do Aller Ulloa visita o Parlamento e as Cubertas da Catedral

O pasado 14 de Abril o alumnado de Educación para a Cidadanía de 2º da ESO realizou unha visita ó Parlamento de Galicia e as cubertas da Catedral de Santiago de Compostela.Foron acompañados polo profesor de Artes Plásticas Sebastián Rozas de Lingua Castelá Javier López e de Educación para a Cidadania, Roberto Barral.
Video da visita

domingo, 17 de enero de 2010

Encontro do Profesor Carlos Ruiz Miguel con alumnado do IES "Ramón Aller Ulloa" de Lalín

Cartel Ver Descargar
Foto do encontro do profesor Carlos Ruiz Miguel no salón de actos do instituto.

O dia 15 de xaneiro ás 12:00 horas celebrouse unha conferencia do profesor Carlos Ruiz Miguel Catedrático de Dereito Constitucional da USC de Santiago de Compostela titulada "Dereitos Humanos e Autodeterminación: Sáhara, Kósovo..." convidado polo Departamento de Filosofia e dirixida a alumnado de 2º de Bachararelato que cursa a optativa de Ética e Filosofia do Dereito. Asemade tamén participou alumnado das materias optativas "Xeografia e Historia de Galicia" e "Lingua e Literatura Galega".

Nesta conferencia o profesor Carlos Ruiz Miguel deixou exposto as distintas modalidades que desde o punto de vista do dereito e a legalidade internacional poden conducir á independencia dun territorio: por recoñecemento das Nacións Unidas como territorio non autonomo ou colonia (caso do Sáhara), por recoñecemento do dereito á autodeterminación por parte dun estado ós territorios do que se compón (extinta URSS), ou por acordo entre as partes (caso da antiga Checoslovaquia que se segregou en Chequia e Eslovaquia).

Tamén analizouse o caso de Kósovo, dado que a sua declaración unilateral de independencia está en controversia no Tribunal Internacional de Xustiza, debido a sua falta de encaixe no dereito internacional.

O acto contou con unha alta participación de alumnado como de profesorado e no que prantexáronse cuestións como a aplicabilidade do dereito de autodeterminación
a territorios como Cataluña, País Basco e Galicia. As posibilidades de que se resolva o conflito sahariano respetando a vontade dos saharianos mediante o referendum prometido pola ONU, o caso de Aminetou Haidar, as consecuencias para a legalidade internacional do recoñecemento internacional da declaración unilateral de Kósovo,etc.
Á súa exposición estivo apoiada por imaxes en video do conflito sahariano, desde a sua colonización por España, o momento da descolonización frustrada (paralización do referendum, Marcha Verde, a guerra, os plan de paz, e imaxes do caso Aminetou Haidar).
Video completo da charla con entrevista e imaxes dos conflitos de Sáhara e Kósovo

domingo, 4 de octubre de 2009


"A crítica non arranca das cadeas as frores imaxinarias para que o home soporte as sombrías e escuetas cadeas, senón para que se as sacuda e poidan brotar as frores vivas".

Karl Marx: "Crítica da Filosofia do Dereito de Hegel"